As actividades deportivas do Guillelme Brown
As actividades deportivas fomentan nos nenos/as hábitos de vida saudable, axudándolle na construción da súa personalidade. Os cativos traballan a resistencia á frustración, capacidade de traballar en equipo, autoconfianza, seguridade, autonomía, relacións sociais, prevención de enfermidades, maduración do sistema músculo-esquelético, psicomotricidade e coordinación.
A práctica complementa a formación integral dos alumnos/as mediante actividades lúdicas, divertidas e sans que levan evidentes beneficios psicolóxicos, sociais e físicos: superación da timidez, mellora da concentración, desenrolo psicomotriz e cognitivo, valores como a amizade e o compañeirismo, superación, esforzo persoal, respecto as normas e convivencia.
Os equipos son federados nas disciplinas que así o contemplan e participan en ligas escolares. Os rapaces/zas non deben entender a súa participación coma unha obriga, debe ser un compromiso aceptado, e asistir dun xeito positivo, conectar e ter un vínculo polo que adestrar non é un sacrificio, se non que se transforma nunha satisfacción.
Actividade impartida por monitores da Escola Deportiva Ourense (EDO) onde se fomenta a sociabilidade, o respecto polos compañeiros e o coñecemento e cumprimento das normas, ademais de adquirir un maior dominio técnico e táctico do xogo.
Actividade impartida por monitores da Escola Deportiva Ourense (EDO). Este deporte permite desenvolver habilidades específicas a través de xogos e exercicios á vez que fomenta a autoestima e o desenvolvemento persoal. Os alumnos introdúcense de forma progresiva no baloncesto, aprendendo as súas regras e técnicas básicas.
Practicar voleibol axuda a manterse en forma e a fomentar o traballo en equipo; ensina a entender que na cancha de xogo un depende dos demais.
Ao longo do curso os nenos aprenderán as regras do xogo e nocións básicas de técnica e táctica.
O atletismo proporciona beneficios físicos para o neno/a. É un deporte no que se desenvolven as catro destrezas básicas: coordinación, resistencia, velocidade e forza. Ademais das vantaxes físicas, o atletismo ten outras de tipo psicolóxico como a confianza en si mesmos e no equipo, o autocontrol, a estabilidade emocional, etc…
O xadrez e un xogo de estratexia que necesita concentración e habilidade por parte do xogador. Aporta diversión, mellora da memoria, creatividade, atención, organización, confianza, …polo que axuda tanto a nivel intelectual como emocional aos cativos que o practican. Os alumnos/as serán capaces de iniciarse nas regras e valores da competición durante a súa práctica semanal.
Montar en bicicleta é unha actividade física e lúdica que permite divertirse e mellorar a resistencia, velocidade, axilidade e equilibrio. Como deporte pide esforzo, vontade, sacrificio e fomenta valores de compañeirismo, solidariedade, conciencia ecolóxica e autoestima.
A súa practica habitual facilita a condición física xa que mellora as articulacións, reforza o sistema inmunitario, aumenta a capacidade respiratoria, fortalece os ósos, combate a obesidade,…e reduce a ansiedade e o estrés.
Esta actividade realízase habitualmente nas instalacións e proximidades do colexio a través de circuítos e probas de habilidades.
A práctica de artes marciais nos nenos/as facilita o desenvolvemento motor aumentando en alto grao o nivel de coordinación nos cativos, así como a súa elasticidade, resistencia, velocidade, equilibrio e forza.
O obxectivo principal da actividade é acadar as destrezas necesarias para poder practicar con eficacia as diferentes técnicas que aportan concentración, disciplina, respecto, confianza e mellora da forma física.
A actividade de Baby Sport impartida en inglés está enfocada para desenvolver todas as habilidades motrices básicas dos máis pequenos e preparalos exeitadamente para a práctica posterior de calquera outro deporte e conseguir un bo desenvolvemento psicomotriz: coordinación, equilibrio,…
Nesta actividade impartida en inglés, os nenos e nenas familiarizares e coñecerán o deporte do pádel. Trátase de fomentar nos nenos a súa capacidade de organizar e regular o movemento e facelos coordinados, co fin de que a aprendizaxe posterior sexa máis doada e rápida. Con exercicios dinámicos, divertidos e diferentes, introducindo elementos do paddel, como a pelota, a pala… os nenos gozarán durante a práctica desde deporte.
No Pong Pong, impartida en inglés, os xogadores compiten por obter un maior número de puntos facendo pasar a pelota cuhna paleta sobre a rede. Coa súa práctica os nenos estimulan e desenvolven os seus reflexos e a súa coordinación, favorece a concentración, mellora a agudeza visual e a capacidade de reacción e fomenta o equilibrio. No Ping Pong as probabilidades de ter lesions son moi reducidas xa que é un deporte non lesivo.
Os nenos que comezan a iniciarse no tenis aprenden a coordinar os movimentos. Organizando xogos para favorecer a aprendizaxe, os nenos divírtense e avanzan sen apenas darse conta, tendo como obxectivo final que lle dean á pelota. Ao principio utilízase unha mini raqueta e unha mini rede e tamén se realizan outros xogos con obstáculos, carreiras, saltos e outros exercicios de habilidade. Pouco a pouco iranse adaptando os exercicios ás habilidades propias da idade e comezarase coa raqueta de adulto. Este deporte desenvolve o pensamento táctico e estratégico ao ter que tomar decisións rápidas ante situacións cambiantes do xogo.
Coa práctica do balonmán contribúese ao desenvolvemento das habilidades motrices básicas (desprazamentos, saltos, xiros, lanzamentos, etc…) as habilidades motrices completas (combinación das básicas) e a condición física xeral (resistencia, velocidade, flexibilidade e forza). É un deporte que ofrece multitude de posibilidades técnico-tácticas onde a creatividade do alumno xoga un papel fundamental. O balonmán é un deporte bastante intuitivo, que non require dun gran dominio da técnica e cunhas regras bastante sinxelas. Co balonmanos podemos inculcar aos nosos alumnos o respecto polas normas e o “FairPlay”.