Os alumnos e profesores do Colexio Plurilingüe Guillelme Brown realizan cada curso numerosos traballos e movilidades internacionales dentro dos seus proxectos Erasmus+, que son proxectos internacionais entre centros escolares subvencionados pola U.E.
Actualmente lévase a cabo un KA229, UN K122 e K120 e oeste último ano o colexio acadou a acreditación K121 da Unión Europea ata 2027 pola súa calidade e implicación nestes proxectos europeos.
Durante este curso escolar alumnos dos grupos de Secundaria traballan aspectos como a sostenibilidade, o consumo responsable, o coñecemento e o respeto polas diferentes culturas da Unión Europea, entre outras, e melloran sustancialmente as súas competencias lingüísticas e dixitais.
Os traballos coordínanse a través de encontros online e teñen unha posta en común nas movilidades ou encontros internacionais. Neste curso realizáronse movilidades en colexios de Uzventis, Lituania e Rust, Alemania, Cacovec en Croacia, Praga na República Checa, Lodz en Polonia, Stuttgart en Alemania e Tilburg en Paises Baixos.
PROXECTO: TOGETHER FOR A SUSTAINABLE EUROPE
PROXECTO: ON THE ROAD WITH THE NORMANS
PROXECTO: ACCREDITATION ALL FOR EU 22-23
PROXECTO: EUROPEAN YOUTH YOUR VOICE WILL BE HEARD
A lingua de comunicación é o Inglés, o que aos alumnos a oportunidade de utilizala en contextos reais mellorando as súas capacidades lingüísticas.
A estancia supón a convivencia coas familias dos estudantes, na que os nenos pasan a ser parte dunha familia nativa doutro país e participar na vida diaria, nos seus costumes e rutinas, converténdose nun membro máis. Esta convivencia próxima potencia as capacidades sociais e motiva aos alumnos para interactuar entre si, a intercambiar ideas, compartir vivencias e coñecementos, a ser máis tolerantes, expóndose novos enfoques, crea entusiasmo e motivación de aprender e axúdalles a estar abertos a novas experiencias.