As extraescolares no Guilleme Brown

As actividades extraescolares no Colexio Guillelme Brown son unha oportunidade para complementar e completar a formación dos nenos ofertando oportunidades para desenrolar as súas habilidades, e socializar nun entorno lúdico e de interese para o alumno. Todas son levadas a cabo nas instalacións do colexio fóra do horario escolar en cada un das etapas educativas.

O obradoiro de xogo en lingua inglesa fomenta a aprendizaxe dun segundo idioma de forma lúdica e divertida para os máis cativos. En idades temperás a aprendizaxe é máis sinxela e duradeira no tempo. A través de xogos, música e contos anglosaxóns refórzase a adquisición da lingua, estimulando a comprensión dunha maneira natural.

Neste obradoiro de teatro inícianse aos nenos no mundo da interpretación ademais de reforzar a aprendizaxe do inglés. A través da expresión teatral o neno/a asimila con maior facilidade as nocións de espazo e tempo, desenvolve a súa imaxinación, e aprende a escoitarse a si mesmo.

Deste xeito, o teatro abre aos nenos as portas dun xeito activo á expresión corporal e facial, coordinación física, ritmo, creación, improvisación e á imaxinación, pero sobre todo á diversión.

O obxectivo principal deste obradoiro é desenvolver as capacidades creativas e explorar as posibilidades expresivas a través da manipulación de diversos materiais e técnicas.

Manexar un lapis ou un pincel axuda aos nenos a adestrar e regular os movementos da man e a mellorar a súa motricidade fina.

Debuxando poderán crear mundos novos, descubrir como se forman as cores e desenvolverse nun espazo onde todo é posible.

Coa actividade de Baile Fusión os máis pequenos iniciaranse no mundo do baile dun xeito lúdico e mellorarán a súa elasticidade, ritmo e coordinación. En Baile Fusión traballarán estilos diferentes: pop, jazz, hip-hop, funky, street, zumba…

O programa Lego WeDo proporciona unha maneira fácil e divertida de iniciar aos estudantes máis novos na robótica e programación, incentivando as súas vocacións á vez que practican a súa competencia en inglés.
Países como EEUU, Xapón ou Corea teñen como materia curricular a robótica

Trabállase por equipos, onde constrúen modelos que explican a súa visión e aprendizaxe sobre o desafío anual proposto pola Junior First Lego League. As maquetas que configuran con pezas lego, os sensores e motores responden ao ordenador dende onde se configuran comportamentos cunha ferramenta de programación axeitada os máis cativos.

Aplican conceptos de ciencia e tecnoloxía do mundo real e investigan desafíos aos que se enfrontan científicos de hoxe.

Desenvolven a creatividade, habilidades de traballo en equipo, o pensamento crítico, reflexionan, observan para solucionar problemas e divírtense xogando mentres aprenden.

Con Lego Mindstorms V3 os alumnos/as inventan, constrúen e programan diferentes robots, organizados en equipos e guiados por un adestrador.

Prepáranse para defender a súas solucións ao reto anual da First Lego League con creatividade e enxeño. O seu robot debe superar o maior número de probas posible, que se establece na mesa oficial de competición, no tempo establecido.

É unha competición na que os valores principais son o respecto e o traballo en equipo. Para participar os equipos deben deseñar, construír e programar un robot para resolver misións, explicar e compartir os procesos técnicos, a estratexia e a programación ante un xurado.

Aplican conceptos de ciencia e tecnoloxía do mundo real e investigan desafíos aos que se enfrontan científicos de hoxe.

Momento de traballo persoal vixiado por un profesor que axudará a formular, organizar e aclarar dúbidas nas tarefas.

Os exames de Cambridge son recoñecidos por colexios, universidades e empresas públicas e privadas de todo o mundo anglopárlante. Cando superas un exame de Cambridge English obtés un certificado de recoñecemento internacional que demostra o nivel de inglés que alcanzaches.

O Key English Test (KET) demostra que podes comunicarte nun inglés básico nas situacións da vida diaria e permite obter un certificado aceptado internacionalmente.

Nivel da certificación: A2 do Marco Común europeo de referencia.

O Preliminary English Test (PET) permite demostrar que eres capaz de comunicarte en inglés en situacións prácticas do día a día. Ofrece unha boa base se queres prepararte para un certificado de inglés profesional.

Nivel da certificación: B1 do Marco Común europeo de referencia.

First: O exame do First demostra que un alumno/a estuda en inglés a nivel intermedio ou intermedio alto, podendo traballar e vivir nun entorno ou país anglopárlante. Miles de universidades recoñecen este exame como titulación de nivel intermedio alto de inglés.

Nivel de certificación: B2 do Marco Común Europeo de referencia.

A danza creativa promove a libre expresión dos nenos co movemiento corporal. Este tipo de danza traballa a plasticidade do xesto e do movemento, a capacidade de organización do espazo e a improvisación, fomentando a expresión e a comunicación. Na danza creativa xérase un espazo para o xogo, a creatividade e a composición coreográfica.

No obradoiro de cociña preténdese que dun xeito lúdico os nenos e nenas tomen contacto coa cociña, coñezan a importancia da alimentación e os hábitos saudables de vida. Dela aprenderán a cocinar, desenvolverán a súa creatividade e descubrirán un mundo novo para eles. O objetivo principal é que esperen a curiosidades pola cociña e darlles a posibilidade de que descubran as texturas, os sabores e os procesos dos alimentos. O obradoiro dividirase en 3 etapas diferentes: cociña divertida e creativa, repostería e comida saudable.

Esta actividade ten como obxectivo a aprendizaxe do debuxo a través do universo do cómic. Traballaranse elementos que componen a viñeta, combinación de onomatopeas e debuxos nunha historieta, coñecendo todos os xéneros do cómic, creando e editando un tebeo propio.

Esta actividade consiste na creación de videoxogos mediante Scratch, que permite a programación a partir de bloques de cores moi visuais e sinxelos de entender. Esta facilidade permite realizar programas complexos. É unha linguaxe moi ampla que proporciona unha base moi sólida de coñecementos sobre programación, lóxica, matemática e resolución de problemas.

A través desta actividade os nenos aprenderán a misturar e combinar pezas musicais, practicarán conceptos básicos como o tempo, o ritmo e as tonalidades, coñecerán a parte mais lúdica da música electrónica más axeitada para as súas idades e poderán aplicar todo nas súas cancións favoritas. Traballaranse os conceptos que axudarán aos nenos e nenas para ser un bo DJ e crear os seus propios tracks.

Este obradoiro caracterízase pola creación aillada de fotogramas que conforman a animación, podendo animar un obxecto inanimado cambiando a súa posición. Con técnicas como o debuxo e a fotografía estimularase a organización do trabajo e a creatividade individual e grupal. É un trabajo manual e visual, xa que desenvolve unha gran parte da capacidade intuitiva a través das dinámicas establecidas pola animación.

Nesta actividade traballaremos con aplicacións e con interfaces de uso común máis atractivas para os nenos, abordando diferentes contidos:

  • Sistemas operativos: Crear arquivos, directorios, etc…
  • Utilidades dixitais: Storytelling, editores de textos, imaxes e presentacións.
  • Programación: Iniciación a Scratch, Makey Makey e programación Android.

Nesta actividade a imaxe é a protagonista, buscando introducir aos pequenos na maxia do movemento e na ilusión da animación. A técnica consiste en proxectar imaxes sobre superficies reais, xeralmente inanimadas, transformando a súa apariencia e xerando efectos ópticos de movimiento, textura, luz e cor, dando lugar a un espectáculo artístico fóra do común.

Esta actividade centrarase no coñecemento e pilotaxe de drons, adquirindo a técnica e as destrezas necesarias para:

  • Manexar e pilotar un aparato voador a radio control.
  • Coñecer as características específicas dos dron respeto a outros aparatos voadores a radio control.
  • Coñecer as regras básicas de seguridade para pilotar drons recreativos.
  • Dominar a posta a punto, arranque e despegue do dron.
  • Aprender a aterrar.
  • Controlar a altura e voo estacionario.
  • Moverse e realizar desplazamentos básicos.
  • Realizar acrobacias.

A danza creativa é a forma na que podemos desenvolver o movimiento corporal. Con tres estilos diferentes traballarán a plasticidade do xesto e do movimiento, a capacidade de organización do espazo e a improvisación.

Danza acrobática: A danza acrobática é un estilo de baile que combina a técnica da danza clásica con elementos acrobáticos. O adiestramiento para a acrobacia trabaja o equilibrio, a flexibilidade, a forza, a resistencia, a coordinación, etc…engandindo elementos do baile como o jazz, a danza moderna e o ballet. A danza acrobática pode bailarse con calquera tipo de música.

Danza contemporánea: É un estilo de baile que combina a técnica do ballet clásico e a danza moderna. O contemporáneo distínguese polo uso do espazo duna forma non lineal. A danza contemporánea busca innovación e creación de novas formas de movemento. O alumno gaña forza, postura, flexibilidade, actitude, técnica, equilibrio, recoñecemento corporal, control do corpo, etc…

Danzas urbanas: A través de diferentes coreografías e exercicios de movimiento, os nenos e nenas achegaranse ao coñecemento de distintos estilos de danza urbana (hip-hop, beak dance,…) realizando diferentes técnicas de movimiento e improvisación. Propíciase a expresión persoal e colectiva de éxito artístico, a creatividade, a comunicación entre os xóvenes e o traballo en grupo.