A Escola de Música do Guilleme Brown

A Escola de Música Guillelme Brown complementa a formación do alumnado no ámbito musical dentro da xornada escolar. A práctica instrumental favorece a coordinación, atención, memoria, achegando seguridade e autoestima.

Os alumnos/as de educación infantil dan os seus primeiros pasos na nosa escola aos catro anos. A metodoloxía empregada está baseada en compositores e pedagogos musicais como Orff, Kódaly, Dalcroze, Wuytack… que estableceron métodos e sistemas que se foron desenvolvendo durante anos e ofrecen grandes resultados na aprendizaxe musical en idade temperá.

Nos seis cursos de primaria o alumno/a adquire os coñecementos de linguaxe musical e formación instrumental que lle proporcionan a base da súa formación musical. O profesorado asesora as familias sobre a maior capacitación instrumental do alumno/a e ofrece un plan personalizado para cada ritmo de aprendizaxe.

Os alumnos/as de secundaria céntranse na práctica instrumental, preparan o acceso ao grao medio do conservatorio, ou complementan estudios oficiais con clases de apoio na escola. A progresión flexibilízase as necesidades do alumno/a e trabállanse todo tipo de composicións, tanto clásicas como contemporáneas.

O obxectivo principal é proporcionar aos máis pequenos unha linguaxe nova, experimentando sensacións e emocións. As cancións, os instrumentos e as danzas permítenlles comunicarse e gozar da música dun xeito natural.

• Melloran as súas capacidades expresivas.
• Favorecen o desenvolvemento psicomotor.
• Favorecen o desenvolvemento vocal e auditivo.
• Favorecen o desenvolvemento da concentración e audición.
• Potencian a creatividade.
• Melloran a memoria musical.
• Coñecen e gozan das composicións e cultura musical.

A linguaxe musical axúdanos a comprender a música, a lela, interpretala e escribila. Estuda os signos e termos cos que se representa visualmente a música.

É unha linguaxe coa que podemos interpretar partituras de diferentes orixes ou estilos musicais. A través da linguaxe musical plásmase o ritmo, a melodía, a harmonía e outros aspectos importantes para a comprensión e interpretación musical.

• Piano
• Percusión (batería)
• Violín
• Guitarra
• Clarinete