A educación secundaria no Guilleme Brown

A Educación Secundaria Obrigatoria ESO é unha etapa educativa obrigatoria que consta de catro cursos académicos que comprenden entre os 12 e 16 anos de idade. Desde o curso 2015-2016 comprende dous ciclos; o primeiro de tres cursos escolares e o segundo dun.

A finalidade desta etapa educativa é lograr que todos adquiran os elementos básicos da cultura: humanísticos, artísticos, científicos e tecnolóxicos; desenvolver e consolidar hábitos de estudo e traballo; preparar para a incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formar a todos para o exercicio dos seus dereitos e obrigacións na vida como cidadáns.

Nesta etapa continúase co obxectivo do Colexio Guillelme Brown que é a procura de calidade e excelencia educativa traballando por unha educación integral dos nenos e das nenas. Caracterízase por unha atención e seguimento individualizado e personalizado para potenciar ao máximo o súa aprendizaxe.
É importante conseguir a profundización en todas as disciplinar académicas para que o alumno teña recursos suficientes para superar con éxito aqueles estudos unha vez finalizada esta etapa.
Nesta etapa establécese de xeito propio unha metodoloxía única:

Os alumnos dispoñen dunha ampliación de horario de lingua inglesa onde cobra especial importancia as conversas e expresión oral da lingua nun nivel axeitado a cada alumno para poder reforzar ao máximo o manexo do idioma.

O centro dispón dun profesorado cualificado nativo que poida aportar o perfeccionamento lingüístico e experiencias culturais de propia man. É un elemento motivador para o alumnado e que poidan pór en práctica os seus coñecementos orais de xeito práctico e natural nos seus intercambios lingüísticos

Ponse en práctica o método científico dando resposta ás inquietudes científicas dos nosos alumnos. Contan cun horario destinado a planificar, organizar e executar os seus proxectos guiados polo profesorado. A finalidade é sacar estes proxectos da aula e expor ante un público na nosa Expociencia. Ademais moitos dos traballos tamén son expostos en distintas feiras de ciencia como na Galiciencia ou Exporecerca acadando premios nacionais, europeos e internacionais.

O colexio está na procura constante de experiencias e intercambios con entidades estranxeiras polo seu contido cultural ademais de lingüístico.

O colexio oferta un horario a maiores para o alumno de secundaria de estudos e reforzos personalizados.

Centro examinador Trinity College of London e Centro Preparador Oficial dos exames do Cambridge.

Dentro do currículo escolar en aulas dotadas de medios informáticos e electrónicos que apoian o labor docente. Este labor debe ter en conta o ritmo das tecnoloxías e dar resposta ás necesidades actuais. Para elo, o centro conta cunha Aula Mac de acceso para todo o alumnado.

Ademais das conmemoracións que están marcadas no curriculo como o, Magosto, Día da Paz, Día do Libro, Día das Letras Galegas, o Entroido, etc… o colexio organiza unhas celebracións propias como son o Halloween data significativa no mundo anglosaxón, Carreira Save the Children promovendo o valor da solidariedade, o Festival de Nadal, e Festival Cultural de fin de curso evento de suma importancia para toda a comunidade educativa xa que se basea nun tema cultural.

As actividades extraescolares para esta etapa inclúen Baile Fusión, Lego Minstorm V3, estudos personalizados, etc…

Escolas deportivas: Mediante a práctica de distintas disciplinas (Atletismo, Voleibol, Balonmán, Taekwondo, Fútbol Sala e Ciclismo) impulsamos e fomentamos a actividade física e o deporte.

Escola de Música: preparamos aos nenos para o goce da práctica musical de distintos instrumentos (piano, violín, guitarra, clarinete e percusión). Concertos didácticos e Concerto Fin de Curso interpretados polos alumnos/as. Preparación acceso ao grao medio do conservatorio.

O programa de Bacharelato Diploma Dual posibilita a dobre titulación de orixe e a estadounidense simultaneamente e realízase en horario extraescolar de forma virtual con profesorado de apoio do colexio e  online.

O programa foi deseñado por  Academica  International  Studies co obxetivo de preparar aos estudantes para adquirir os niveis necesarios para superar os retos educativos e profesionais da contorna. Co bacharelato dual, valídanse ata un 75% dos 24 créditos que se necesitan para obter o diploma de  High School, que está recoñecido en todos os estados e en todas as universidades do mundo, por iso só será necesario cursar e superar 4 materias obrigatorias e 2  optativas: entre elas está a material de Lingua inglesa, Historia Americana e Economía Americana.

O programa de Bacharelato Internacional do Colexio Guillelme Brown lévase a cabo durante 4 cursos escolares; comeza en 2º ESO e remata en 1º de Bacharelato. Os alumnos rematan en 4º ESO  no colexio pero seguen ligados ó Bachalerato Dual do centro inda que cursen Bacharelato noutros centros.  Para facilitar o programa e que a carga horaria non sexa excesiva, o colexio ofréce a partires de 2º de ESO 2 h á semana en horario de  English  levels, un profesor de apoio que orientará e resolverá todas as dúbidas do alumnado. O Diploma Dual está acreditado por  SACS ( Southern  Association  of  Colleges  and Schools), que outorga a mesma titulación que a dos estudantes dos EEUU, recoñecida a todos os estados e universidades.

 

O Colexio Guillelme Brown estivo dende os seus inicios na procura constante de experiencias e intercambios  con entidades extranxeiras polo seu contido cultural ademais de lingüístico.

Polo percorrido destes anos contamos con intercambios con colexios de Holanda, Los Angeles USA, Italia , Alemaña, República Checa, Eslovaquia, Hungría, Francia e Grecia. Estes proxectos de cooperación e intercambio son nalgúns casos diseñados e organizados directamente entre os centros e noutros casos forman parte de proxectos aprobados e subvencionados pola Unión Europea  através de proxectos Comenius e Erasmus+.

 

 

O colexio mantén dende 2013 un irmandamento co colexio inglés Saint Benedict cun programa de colaboración en proxectos comúns diseñados polo profesorado de ambos centros e executados polo alumnado,  organizados en equipos de traballo. En anos anteriores se centraron nas ciencias naturais e ambientais; pero neste curso 2019-2020 os estudiantes ourensanos viaxaron a Derby durante unha semana do pasado mes de outubro para traballar nun programa colaborativo STEM, organizados por parellas de ambos colexios, en talleres a cargo do profesorado da Universidade de Derby e en actividades no propio centro St Benedict. Trasladaron un dos seus robots Mindstorm V3 (diseñados por Lego en colaboración co Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, MIT) para expoñer os traballos que realizan na materia de libre configuración curricular de “Robótica Educativa”.

 

Este programa de carácter académico promove tamén a relación de tolerancia e cooperación entre os nenos e nenas de diferentes nacionalidades e culturas, que comparten tempo de ocio na bolera despois das intensas xornadas lectivas, un sábado no  parque de atraccións de Alton Towers, visitas guiadas a Madlock ou ó estadio Derby Rams, disfrutan tamén de actividades deportivas como unha liga entre alumnos de fútbol gaélico ou  tomar té xuntos, propio da tradición anglosaxona; situaciones nas que surxe a comunicación espontánea e practican o idioma, nun ambiente de constante convivencia e traballo no colexio St Benedict.

 

O Colexio Plurilingüe Guillelme Brown, será anfitrión do St Benedict School na seguinte movilidade do irmandamento, pero mentres tanto, xa están inmersos na preparación do Eramus+ KA229, co que o centro participa no proyecto europeo de creación dun coro internacional de estudantes para os dous vindeiros cursos académicos de 2019 a 2021.