A educación primaria no Guilleme Brown
A etapa de Educación Primaria comprende seis cursos académicos (6 a 12 anos) e ten un carácter obrigatorio. A súa finalidade é facilitar a aprendizaxe da expresión e comprensión oral, a escritura, a lectura, o cálculo, a adquisición de nocións básicas da cultura, os hábitos de convivencia, estudo e traballo, o sentido artístico, a creatividade e a afectividade; co fin de garantirlles unha formación integral.
O obxectivo do Colexio Guillelme Brown é a procura de calidade e excelencia educativa traballando por unha educación integral dos nenos e das nenas, tanto a nivel formativo como de valores e actitudes.
A nosa metodoloxía de traballo, aberta e flexible, vai encamiñada a asesorar, guiar e estimular ao alumno do que se lle fai un seguimento personalizado no día a día.
A nosa traxectoria permite establecer uns obxectivos claros para garantir a formación integral e persoal do alumno de educación primaria. Nesta etapa establecese de xeito propio unha metodoloxía única.
O currículo de Primaria impártese en inglés, castelán e galego co programa de Plurilingüísmo ademais dunha ampliación de horario diario na lingua inglesa para potenciar a linguaxe oral, escrita e enriquecemento de vocabulario. O inglés, durante toda a etapa incorpórase de xeito habitual e natural no día a día.
O centro dispón dun profesorado cualificado nativo que poida aportar o perfeccionamento lingüístico e experiencias culturais de propia man. É un elemento motivador para o alumnado e que poidan pór en práctica os seus coñecementos orais de xeito práctico e natural nos seus intercambios lingüísticos.
Iníciase en 5º de Primaria, o francés como segunda lingua estranxeira.
Centro examinador Trinity College of London e Centro Preparador Oficial dos exames do Cambridge.
Tecnoloxías da Información e do Coñecemento, Área T.I.C., dentro do currículo escolar en aulas dotadas de medios informáticos e electrónicos que apoian o labor docente. Este labor debe ter en conta o ritmo das tecnoloxías e dar resposta ás necesidades actuais. Para elo, o centro conta cunha Aula Mac de acceso para todo o alumnado.
Un dos sinais mais representativos do centro é a preocupación e interese polo método científico levado ás aulas. Os nenos de primaria inícianse nesta metodoloxía dun xeito participativo e activo traballando a través de pequenos experimentos. A Expociencia é unha cita anual da ciencia e da innovación onde, nunha xornada de portas abertas, todos os alumnos amosan os seus traballos de investigación e os seus inventos.
Aprendendo a Pensar Desenvolvendo a Intelixencia, A.P.D.I., Programa supervisado e coordinado polo Departamento de Orientación co que estimulamos a capacidade de razoamento coa finalidade de mellorar a capacidade reflexiva e desenvolver as competencias de pensar.
Achegamos o libro aos nenos de xeito lúdico traballando todo tipo de recursos destinados a que descubran o divertido e o pracer pola lectura. Execución dun Plan Lector diario onde se combinan todo tipo de actividades coas que fomentamos no alumnado o interese pola lectura e desenvolvemos o seu hábito lector.
É un proxecto que ten como obxectivo o obter coñecementos sobre distintas disciplinas (música, pintura, escultura, historia…) onde a investigación e a curiosidade teñen un papel primordial.
Saídas de estudos proxectadas en relación aos contidos curriculares e excursións fin de curso.
Asemblea semanal grupal co titor/a onde se deseñan obxectivos de tipo social. Seguimento individualizado a través da acción titorial onde se deseñan obxectivos de tipo persoal.
Ademais das conmemoracións que están marcadas no curriculo como o, Magosto, Día da Paz, Día do Libro, Día das Letras Galegas, o Entroido, etc… o colexio organiza unhas celebracións propias como son o Halloween data significativa no mundo anglosaxón, Carreira Save the Children promovendo o valor da solidariedade, o Festival de Nadal, e Festival Cultural de fin de curso evento de suma importancia para toda a comunidade educativa xa que se basea nun tema cultural.
Ampla oferta de actividades complementarias e extraescolares: Xadrez, Debuxo e Pintura, Baile Fusión, Lego We Do. A parte de xestionar o tempo de ocio, aumentan a motivación dos alumnos e, por conseguinte, a súa autoestima.
Mediante a práctica de distintas disciplinas (Atletismo, Voleibol, Balonmán, Taekwondo, Fútbol Sala e Ciclismo) impulsamos e fomentamos a actividade física e o deporte.
Preparamos aos nenos para o goce e desfrute da práctica musical de distintos instrumentos (piano, violín, guitarra, clarinete e percusión). Concertos didácticos e Concerto Fin de Curso interpretados polos alumnos/as. Preparación acceso ao grao medio do conservatorio