O ideario do Guillelme Brown
O Colexio Guillelme Brown combina o sistema educativo oficial cunha proxección propia, aberta e internacional.
Os nosos alumnos/as fan uso dun plurilingüísmo en castelán, galego e inglés, cunha sólida aprendizaxe dos contidos específicos en todos os áreas do currículo.
Un modelo pedagóxico que incide no desenvolvemento das competencias fundamentais, especialmente aquelas nas que os currículos máis tradicionais non teñen suficiente importancia e que resultan esenciais, como as competencias emocionais, plurilingüísmo real, riqueza cultural, artística e hábitos deportivos e saudables, así, como outras máis específicas, como o traballo cooperativo, a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na aula ou a robótica educativa.
A necesidade dos idiomas fai que o colexio, ademais de impartir o currículo en castelán, galego e inglés, se inicie o francés dende 5º de primaria para todos os alumnos/as. O programa propio de inmersión en inglés dende os 3 anos ten excelentes resultados dende a súa implantación no centro en 1999.
Sendo un colexio laico o colexio ten presente, valora e respecta todas as confesións relixiosas, fuxindo de calquera radicalismo ou fundamentalismo, e baseando a súa convivencia na Declaración Universal dos Dereitos do Home coa ambición de formar cidadáns responsables.
As competencias emocionais e a resolución de conflitos evolucionan durante toda a etapa escolar de forma transversal e adaptada a cada idade a través da acción titorial e asembleas semanais.
Nas distintas actividades e propostas de formación complementaria, procúrase non limitarse ao coñecido, e buscar máis alá das nosas fronteiras as experiencias, a riqueza cultural, a práctica lingüística que sume e aporte coñecemento, pluralidade, tolerancia, flexibilidade e capacidade de adaptación aos nosos alumnos/as. A través de programas de intercambio, colaboracións con colexios estranxeiros, oferta de cursos de verán en UK, Summer Camp, …participando en todos aqueles proxectos nos que teñan cabida os nosos alumnos/as e amplíen a súas fronteiras do saber e oportunidades de aprendizaxe.
Entendemos que un alumno/a necesita expresar, ser creativo, resolutivo e debe desenvolver todas as súas capacidades sen limitarse a unha disciplina. Desenvolver a súa sensibilidade permitiralle valorar, coñecer e comprender máis intensamente a arte, a música, a dramatización e as artes plásticas coa oportunidade de executalas ou simplemente gozalas.
Partindo da natureza curiosa dos cativos, guiámolos a expor preguntas, posibles respostas, a investigar, a descubrir, a probar e experimentar co obxectivo non só de chegar a unha conclusión, senón pola oportunidade inherente no proceso, de aprender. En cada estímulo, na procura das respostas, existe unha oportunidade de aprendizaxe, de ensaio e error, de non ter medo a equivocarse, de inventarse e intentalo as veces que faga falta, superando con destrezas, ferramentas e disciplina de traballo a frustración e perfilando un futuro adulto rigoroso, efectivo e eficiente.
Enténdese como un aspecto decisivo na estabilidade física, psíquica e emocional o sentirse ben con un mesmo, coidarse e procurar a felicidade. A alimentación supervisada por médico nutricionista no comedor escolar, e as escolas deportivas dende infantil a secundaria permiten aos nenos/as iniciarse en deportes como o atletismo, fútbol, balonmán, baloncesto, voleibol, ciclismo, taekwondo…e participar como equipo en competicións escolares.
Ademais o centro organiza un Cross con nome propio no que participan todos aqueles interesados tanto membros da comunidade educativa como de fóra dela promovendo o deporte como etilo de vida.