Servizos de calidade nunha educación de calidade
No colexio Guillelme Brown complementamos os nosos planes formativos cuns servizos de calidade deseñados para facilitar a pais, nais e alumnado que compatibilicen a vida familiar co traballo e o ensino.
Clube de espera
É un recreo distendido dentro do centro e fóra do horario lectivo. Os alumnos de educación primaria poden aumentar a súa estancia no centro no horario de 16:50 a 18:00. Esta actividade está pensada para axudar ás familias na súa conciliación familiar
Garda temprana
É un servizo pensado para todas as familias do centro. O colexio abre as súas portas ás 7:30 da mañá para recibir aqueles alumnos que dun modo ocasional ou de forma periódica necesitan incorporarse ao centro antes do horario lectivo, os alumnos estarán a cargo dun monitor e aqueles que o desexen terán a opción dun almorzo.
O horario do servizo é desde ás 7.30 ata as 8.45.
Transportes
O colexio conta cun servizo de ruta de transporte escolar pola cidade e arredores de Ourense, o percorrido está supervisado por coidadores e cumpre as normativas vixentes en canto a seguridade e calidade.
Percorridos e horarios de partida
• Os horarios e percorridos establécense ao inicio do curso e infórmase dos mesmos. Contamos na actualidade con dúas rutas diferentes.
• O servizo consta dun autobús de subida ás 9:00 horas e outro de baixada ás 18:00 horas. Tamén ás 16:30 horas cóntase cun autobús de baixada para o alumnado de secundaria.
• O colexio reservase o dereito a realizar modificacións en horarios e percorridos segundo as necesidades e normativas do curso escolar vixente.
Comedor
Conscientes da importancia da alimentación do noso alumnado, o centro conta cun servizo de cociña propio que elabora diariamente o menú cumprindo a normativa de APPCC.
A elaboración e valoración nutricional realízase mensualmente por un médico dietista e nutricionista e componse de dous pratos e sobremesa, así como leite, froita e un bufete de ensaladas.
Puntualmente e como elemento motivador ofrécense menús especiais por celebracións e introdución a novos sabores, que amplían o abano dunha alimentación sa e equilibrada.
O servizo é avaliado periodicamente por familias voluntarias que son convidadas ao menú dun día, co obxectivo de compartir a súa experiencia.
Todo o alumnado que fai uso do servizo de comedor ten incluído no momento do recreo un refrixerio. Tamén se atenden necesidades de alimentación especiais: tales como alerxias, celiaquías, dietas puntuais,… que poida requirir o alumnado por prescrición e supervisión médica.
Todos os meses publicase o menú no que se indica en cada prato os alérxenos que poida conter de acoro co establecido no Regulamento UE 1169/2011.