colexio-guillelme-brown-30aniversario

Estamos de aniversario. Cumprimos 30 anos

O Colexio Guillelme Brown nace no ano 1987 grazas á ilusión, esforzo e unión dun grupo de profesores, pais, alumnos, colaboradores e constitúese como Sociedade Cooperativa Guillelme Brown para dar vida a un colexio privado, mixto, non confesional, independente e aberto a todas as liñas de pensamento, baseadas na ética democrática e nos principios da Declaración dos Dereitos do home cunha finalidade:
A procura da Calidade Educativa e tendo sempre presentes os principios do cooperativismo.

Desde o colexio enténdese que a calidade educativa non é unha cuestión de modas. O que está ben, estao sempre, soamente hai que adaptalo á sociedade do momento e perfeccionalo coa experiencia do traballado durante os anos. Hoxe 30 anos despois do comezo non se entende unha aula sen as nova tecnoloxías, cada vez mais presentes na actualidade, algo impensable naquela época.

Aínda que pasen os anos o noso obxectivo é que os alumnos desenvolvan ao máximo a súa capacidade de aprender a ser persoa, aprender a convivir en sociedade e sobre todo, a aprender a vivir.

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

  • Comparte