IMG_9466

Prazo para solicitude de praza para o curso 2024-2025

En marzo renovarase o prazo de admisións para curso 2024-2025 (2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria).

Teléfono: 988 259 589

Email: administracion@guillelmebrown.es

O anexo de solicitude de praza poderá solicitarse no centro escolar ou descargarse na web da Xunta de Galicia (www.edu.xunta.es) e entregarse no colexio escollido como 1ª opción. Tamén poderá solicitarse de forma online na aplicación admisionalumnado

O prazo establecido é do 1 ao 20 de marzo. 

Xunto coa solicitude é necesario presentar:

  • Copia do DNI da persoa solicitante.
  • Copia do DNI ou libro de familia do alumno/a.
  • Certificado de escolaridade emitido no centro de procedencia.

No caso de que os centros teñan máis solicitudes que prazas dispoñibles deberá entregarse a documentación acreditativa do cumprimento dos criterios prioritarios, establecendo un prazo de 10 días unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes.

  • Existencia de irmáns no centro.
  • Ser traballador do propio centro.
  • Proximidade do domicilio familia ao centro.
  • Proximidade do lugar de traballo ao centro.
  • Por condición de familia numerosa.
  • Por condición de familia monoparental.
  • Por renta per cápita da unidade familiar.
  • Por discapacidade.

A finais do mes de abril faranse públicas as listas provisionais e a mediados de maio as definitivas. 

Do 22 ao 30 de xuño deberá formalizarse a matrícula para infantil e primaria, e do 25 de xuño ao 12 de xullo para Educación Secundaria Obrigatoria no centro escolar no que o alumno/a fose admitido.

  • 4º de Educación Infantil: 20
  • 5º de Educación Infantil: 0
  • 6º de Educación Infantil: 1
  • 1º de Educación Primaria: 0
  • 2º de Educación Primaria: 0
  • 3º de Educación Primaria: 0
  • 4º de Educación Primaria: 0
  • 5º de Educación Primaria: 0
  • 6º de Educación Primaria: 0
  • 1º de Educación Secundaria: 5
  • 2º de Educación Secundaria: 0
  • 3º de Educación Secundaria: 8
  • 4º de Educación Secundaria: 11