As extraescolares no Guilleme Brown

As actividades extraescolares no Colexio Guillelme Brown son unha oportunidade para complementar e completar a formación dos nenos ofertando oportunidades para desenrolar as súas habilidades, e socializar nun entorno lúdico e de interese para o alumno. Todas son levadas a cabo nas instalacións do colexio fóra do horario escolar en cada un das etapas educativas.

O obradoiro de xogo en lingua inglesa fomenta a aprendizaxe dun segundo idioma de forma lúdica e divertida para os máis cativos. En idades temperás a aprendizaxe é máis sinxela e duradeira no tempo. A través de xogos, música e contos anglosaxóns refórzase a adquisición da lingua, estimulando a comprensión dunha maneira natural.

Neste obradoiro de teatro inícianse aos nenos no mundo da interpretación ademais de reforzar a aprendizaxe do inglés. A través da expresión teatral o neno/a asimila con maior facilidade as nocións de espazo e tempo, desenvolve a súa imaxinación, e aprende a escoitarse a si mesmo.

Deste xeito, o teatro abre aos nenos as portas dun xeito activo á expresión corporal e facial, coordinación física, ritmo, creación, improvisación e á imaxinación, pero sobre todo á diversión.

Coa actividade de Pequebaile os máis cativos iniciaranse no mundo do baile dun xeito lúdico.
Bailes e xogos desenvolven a expresión e a comunicación corporal, ademais de espertar o sentido musical, estimular o ritmo, a coordinación e o traballo en grupo. O obxectivo principal desta actividade é que os nenos aprendan á vez que se divirten.

O obxectivo principal deste obradoiro é desenvolver as capacidades creativas e explorar as posibilidades expresivas a través da manipulación de diversos materiais e técnicas.

Manexar un lapis ou un pincel axuda aos nenos a adestrar e regular os movementos da man e a mellorar a súa motricidade fina.

Debuxando poderán crear mundos novos, descubrir como se forman as cores e desenvolverse nun espazo onde todo é posible.

Coa actividade de Baile Fusión os máis pequenos iniciaranse no mundo do baile dun xeito lúdico e mellorarán a súa elasticidade, ritmo e coordinación. En Baile Fusión traballarán estilos diferentes: pop, jazz, hip-hop, funky, street, zumba…

O programa Lego WeDo proporciona unha maneira fácil e divertida de iniciar aos estudantes máis novos na robótica e programación, incentivando as súas vocacións á vez que practican a súa competencia en inglés.
Países como EEUU, Xapón ou Corea teñen como materia curricular a robótica

Trabállase por equipos, onde constrúen modelos que explican a súa visión e aprendizaxe sobre o desafío anual proposto pola Junior First Lego League. As maquetas que configuran con pezas lego, os sensores e motores responden ao ordenador dende onde se configuran comportamentos cunha ferramenta de programación axeitada os máis cativos.

Aplican conceptos de ciencia e tecnoloxía do mundo real e investigan desafíos aos que se enfrontan científicos de hoxe.

Desenvolven a creatividade, habilidades de traballo en equipo, o pensamento crítico, reflexionan, observan para solucionar problemas e divírtense xogando mentres aprenden.

Con Lego Mindstorms V3 os alumnos/as inventan, constrúen e programan diferentes robots, organizados en equipos e guiados por un adestrador.

Prepáranse para defender a súas solucións ao reto anual da First Lego League con creatividade e enxeño. O seu robot debe superar o maior número de probas posible, que se establece na mesa oficial de competición, no tempo establecido.

É unha competición na que os valores principais son o respecto e o traballo en equipo. Para participar os equipos deben deseñar, construír e programar un robot para resolver misións, explicar e compartir os procesos técnicos, a estratexia e a programación ante un xurado.

Aplican conceptos de ciencia e tecnoloxía do mundo real e investigan desafíos aos que se enfrontan científicos de hoxe.

Momento de traballo persoal vixiado por un profesor que axudará a formular, organizar e aclarar dúbidas nas tarefas.

Os exames de Cambridge son recoñecidos por colexios, universidades e empresas públicas e privadas de todo o mundo anglopárlante. Cando superas un exame de Cambridge English obtés un certificado de recoñecemento internacional que demostra o nivel de inglés que alcanzaches.

O Key English Test (KET) demostra que podes comunicarte nun inglés básico nas situacións da vida diaria e permite obter un certificado aceptado internacionalmente.

Nivel da certificación: A2 do Marco Común europeo de referencia.

O Preliminary English Test (PET) permite demostrar que eres capaz de comunicarte en inglés en situacións prácticas do día a día. Ofrece unha boa base se queres prepararte para un certificado de inglés profesional.

Nivel da certificación: B1 do Marco Común europeo de referencia.

First: O exame do First demostra que un alumno/a estuda en inglés a nivel intermedio ou intermedio alto, podendo traballar e vivir nun entorno ou país anglopárlante. Miles de universidades recoñecen este exame como titulación de nivel intermedio alto de inglés.

Nivel de certificación: B2 do Marco Común Europeo de referencia.