A ANPA no Guillelme Brown

O ANPA é Asociacións de Nais e Pais de Alumnos son, en España, entidades de dereito privado cuxo obxectivo fundamental é a representación dos intereses dos pais, nais ou titores legais nos centros educativos dos seus fillos.

Dentro dos seus órganos de goberno están as Asembleas Xerais, integradas por todos os seus asociados, sendo o órgano supremo da vontade da organización. Os seus acordos son de obrigado cumprimento, e carácter é ordinario e extraordinario

A ANPA realiza unha serie de actividades tipo celebración do Magosto, cursos para nenos e pais, colaboración co centro nos distintos eventos ademais de excursións onde está invitada a participar a comunidade educativa.

A presidenta do ANPA do Guillelme Brown é Yolanda Taboada Varela.
Contacto: guillelmebrown.anpa@gmail.com