As actividades deportivas do Guillelme Brown

As actividades deportivas fomentan nos nenos/as hábitos de vida saudable, axudándolle na construción da súa personalidade. Os cativos traballan a resistencia á frustración, capacidade de traballar en equipo, autoconfianza, seguridade, autonomía, relacións sociais, prevención de enfermidades, maduración do sistema músculo-esquelético, psicomotricidade e coordinación.

A práctica complementa a formación integral dos alumnos/as mediante actividades lúdicas, divertidas e sans que levan evidentes beneficios psicolóxicos, sociais e físicos: superación da timidez, mellora da concentración, desenrolo psicomotriz e cognitivo, valores como a amizade e o compañeirismo, superación, esforzo persoal, respecto as normas e convivencia.

Os equipos son federados nas disciplinas que así o contemplan e participan en ligas escolares. Os rapaces/zas non deben entender a súa participación coma unha obriga, debe ser un compromiso aceptado, e asistir dun xeito positivo, conectar e ter un vínculo polo que adestrar non é un sacrificio, se non que se transforma nunha satisfacción.

Actividade impartida por monitores da Escola Deportiva Ourense (EDO) onde se fomenta a sociabilidade, o respecto polos compañeiros e o coñecemento e cumprimento das normas, ademais de adquirir un maior dominio técnico e táctico do xogo.

Actividade impartida por monitores da Escola Deportiva Ourense (EDO). Este deporte permite desenvolver habilidades específicas a través de xogos e exercicios á vez que fomenta a autoestima e o desenvolvemento persoal. Os alumnos introdúcense de forma progresiva no baloncesto, aprendendo as súas regras e técnicas básicas.

Practicar voleibol axuda a manterse en forma e a fomentar o traballo en equipo; ensina a entender que na cancha de xogo un depende dos demais.

Ao longo do curso os nenos aprenderán as regras do xogo e nocións básicas de técnica e táctica.

O atletismo proporciona beneficios físicos para o neno/a. É un deporte no que se desenvolven as catro destrezas básicas: coordinación, resistencia, velocidade e forza. Ademais das vantaxes físicas, o atletismo ten outras de tipo psicolóxico como a confianza en si mesmos e no equipo, o autocontrol, a estabilidade emocional, etc…

O xadrez e un xogo de estratexia que necesita concentración e habilidade por parte do xogador. Aporta diversión, mellora da memoria, creatividade, atención, organización, confianza, …polo que axuda tanto a nivel intelectual como emocional aos cativos que o practican. Os alumnos/as serán capaces de iniciarse nas regras e valores da competición durante a súa práctica semanal.

Montar en bicicleta é unha actividade física e lúdica que permite divertirse e mellorar a resistencia, velocidade, axilidade e equilibrio. Como deporte pide esforzo, vontade, sacrificio e fomenta valores de compañeirismo, solidariedade, conciencia ecolóxica e autoestima.

A súa practica habitual facilita a condición física xa que mellora as articulacións, reforza o sistema inmunitario, aumenta a capacidade respiratoria, fortalece os ósos, combate a obesidade,…e reduce a ansiedade e o estrés.
Esta actividade realízase habitualmente nas instalacións e proximidades do colexio a través de circuítos e probas de habilidades.

A práctica de artes marciais nos nenos/as facilita o desenvolvemento motor aumentando en alto grao o nivel de coordinación nos cativos, así como a súa elasticidade, resistencia, velocidade, equilibrio e forza.

O obxectivo principal da actividade é acadar as destrezas necesarias para poder practicar con eficacia as diferentes técnicas que aportan concentración, disciplina, respecto, confianza e mellora da forma física.