O ideario do Guilleme Brown

Un verán cheo de diversión espéravos no mes de xullo  nas instalacións do Colexio Guillelme Brown en Ourense.

A Escola de Verán dende 1987, de carácter lúdico, evolucionou ao Guillelme Brown International Summer Camp – Activity Day Camp for Children en 2014, con máis deporte e aventura para nenos e nenas dende os 3 ata os 16 anos. As actividades serán dirixidas e realizadas en inglés por monitores nativos.

O idioma non será un impedimento para a diversión e un verán de lecer, xa que se conta con persoal bilingüe que apoiará as explicacións e facilitará o seguimento das actividades por parte dos nenos/as, así como persoal especialista nos casos necesarios que por seguridade repetirá as indicacións aos nenos que o necesiten.

A mellor oferta de campamento de lecer en inglés de Ourense, ao mellor prezo, e coma sempre ofrecendo dous tipos de descontos: aos alumnos/as matriculados máis dunha semana e aos irmáns. Poderedes formalizar a matrícula na secretaría do centro e lembrarvos que hai prazas con opción a transporte dende a cidade de Ourense.

 

•    Organizada en SEMANAS (incluídos festivos se houbese): de 1 a 5 semanas entre xuño e xullo.
•    Horario de 10:00 h. ás 18:00 h. de luns a venres.
•    Servizo de comedor incluído no prezo (consultar dietas especiais).
•    Actividades de exemplo: piscina ao aire libre, paintball, tirolina, baile, obradoiros, rocódromo, tiro con arco, ponte tibetana, ciclismo, patinaxe, …deportes e aventura como bench bail, kim-ball, tag rugby, speed stacks…e moito máis.
•    Servizo de transporte opcional dende Ourense.

 

Máis información ou aclaracións:

  • Na secretaría do Colexio, no teléfono: 988259589.
  • No correo electrónico: colegiogb@gmail.com