Este curso, o noso centro incorporouse ao Programa Plurinfantil en Educación Infantil.
O mércores, 15 de novembro a Consellería de Educación e ordenación Universitaria entregounos o emblema ca Estrela Edulingüe Plurinfantil.
Esta estrela recoñece ao persoal educativo todo o esforzo feito ao longo dos anos para ofertar aos nosos alumnos as mellores oportunidades no futuro.
Sempre foi de máxima importancia no noso colexio a aposta do inglés como unha ferramenta totalmente integrada nas aulas dende as primeiras idades.