O 16 de marzo terá lugar a XVII EXPOCIENCIA GUILLELME BROWN nas instalacións do colexio. O tema elixido para esta edición son as “BIG IDEAS” dos inventores ó longo do tempo.
Durante a xornada, os alumnos compartirán as súas investigacións con todos aqueles que visiten a nosa feira de ciencias.
Esa semana tamén contamos coa presencia dos compañeiros do colexio St. Benedict´s Academy de Derby, Reino Unido cos que pasaremos unha semana de traballo e intercambio de vivencias que rematará coa exposición conxunta dos seus proxectos.
Marcade a data no voso calendario, xa que, é unha xornada de portas abertas.
Estades convidados a compartir con nos esta xornada.
“I hear and I forget. I see and I remember. I do and I understand.” Confucius