O venres, 16 de marzo, celebrouse a XVII EXPOCIENCIA GUILLELME BROWN que resultou ser todo un éxito gracias a todos os visitantes recibidos durante toda a xornada. Felicidades a todos os participantes, dende os alumnos de Educación Infantil ata os de Educación Secundaria, polo excelente traballo realizado e as elocuentes defensas de cada un dos proxectos.
Temén dar unha especial agradecemento aos alumnos e profesores de St. Beneditos Academy de Derby, UK que estiveron esa semana no colexio. A experiencias de convivencia entre os alumnos dos dous colexios resultaron ser inolvidables para todos. Thank you St. Benedict´s Academy for sharing such a wonderful experience with us. We will surely remember it fondly.
E tamén dar as gracias a todos os visitantes recibidos ao longo do día, en especial a Marisol Díaz Mouterio, Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ourense e a Jose Luis Vázquez, o noso inspector educativo pola vosa visita e apoio a este tipo de eventos do colexio.
Os días 22, 23 e 24 de marzo un grupo de alumnos da ESO participarán na XIX EXPO RECERCA JOVE en Barcelona cos seus trabajos. Dende toda a comunidade educativa desexámoslles moita sorte.
Deixamosvos algunhos enlaces dos medios de comunicación que cubriron o evento.