PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CURSO 2018/2019

O  prazo de solicitude de admisión para o curso 2018/2019

está aberto dende o 1 ata o 20 de marzo (ambos inclusive). As solicitudes pódense presentar de xeito telemático na plataforma admisionalumnado ou no centro (Anexo II).

Información a ter en conta:

Normativa aplicable ao proceso de admisión:

Orde do 25 de xaneiro do 2017

Orde do 12 de marzo do 2013

Decreto 254/2012

Resolución da letra de desempate 

Anexo II (Solicitude)

Calendario:

24 de abril: Publicarase no taboleiro do colexio a resolución provisional do alumnado admitido e non admitido.

25 de abril a 3 de maio: Prazo de reclamacións

14 de maio: Publicarase no taboleiro do colexio a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido.

20-30 de xuño: Formalización de matrícula

NOTA IMPORTANTE

Cada alumna ou alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado ten garantía de permanencia nun centro, polo tanto, si se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renunciar á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  • Comparte