Masterclass Uvigo

Os nosos alumnos de primaria e secundaria cambiaron os papeis sendo profesores dos alumnos do grao de Educación Primaria da Universidade de Vigo no campus de Ourense.

A temática elixida para deleitar a “os seus alumnos” foi sobre os seus traballos de ciencias realizados durante todo o curso. O obxectivo principal destes traballos non é outro que mostrar interese pola investigación e facer que sentan motivación ante a experimentación.
Grazas á Facultade de Ciencias de Educación pola cálida acollida do noso profesorado e alumnado. É un auténtico pracer poder contribuír na formación de futuros docentes.

Artigo no Diario da Universidade de Vigo

Artigo no Faro de Vigo

 

  • Comparte