MASTERCLASS UVIGO

De novo este curso, os nosos alumnos de primaria e secundaria cambiaron os papeis sendo profesores dos alumnos do Grao de Educación Primaria da Universidade de Vigo no campus de Ourense.

  

A temática elixida para deleitar a “os seus alumnos” foi sobre os seus traballos de investigación realizados durante todo o curso. O obxectivo principal destes traballos non é outro mais que mostrar interese pola investigación e facer que sentan motivación ante a experimentación.

  
Grazas á Facultade de Ciencias de Educación pola cálida acollida do noso profesorado e alumnado.

É un auténtico pracer poder contribuír na formación de futuros docentes.

ARTIGO NO DIARIO DA UVIGO

 

  • Comparte